Audrey Faith Perry, nada en Jackson (Mississippi) o 21 de setembro de 1967 é unha cantante estadounidense máis coñecida como Faith Hill.
Traxectoria Hill naceu en Ridgeland, Mississippi, ao norte de Jackson, Mississippi. Foi adoptada cunha semana de vida e chamada Audrey Faith Perry. Creceu na cidade veciña de Star, 20 millas ás aforas de Jackson. Os seus pais adoptivos, Edna e Ted Perry, criárona cos seus dous fillos biolóxicos nun ambiente de devoción cristiá.
Comezou a cantar na igrexa da cidade e con dezanove anos foi a Nashville para comezar unha carreira como cantante country. Traballou no despacho do cantante e compositor Gary Morris, en Nashville. Morris converteuse logo no seu coprodutor.
Hill lanzou os álbuns Take me as I am (1993), It Matters to Me (1995), Faith (1998), Breathe (1999), Cry (2002) e Fireflies (2005) e vendeu preto de 40 millóns de copias en todo o mundo, conseguindo oito sinxelos e tres álbums número un na Billboard Hot Country Songs. Gañou premios como os Grammy Awards, Academy of Country Music, Country Music Association, American Music Awards e People's Choice Awards. A xira Soul2Soul II Tour, con Tim McGraw, foi a de maior asistencia na historia da música country, e a primeira das cinco mellores entre todos os xéneros musicais.
En 2001, gravou a canción "There You'll Be" para a banda sonora do filme Pearl Harbor. No mesmo ano foi considerada a primeira das "30 Mulleres Máis Poderosas de América" polo Ladies Home Journal.
En 2004, participou no filme As mulleres perfectas, interpretando a personaxe de Sarah.
Dende 2007, Hill era a cantante da abertura do Sunday Night Football, polo canal NBC, mais en abril de 2013 anunciou que non sería máis a cantante da abertura. Na súa despedida en Twitter non dixo os motivos da súa saída, mais si que estaba triste por deixalo.
Vida privada Está casada co tamén cantante country Tim McGraw, co que ten tres fillas.
Discografía Take Me As I Am (1993) It Matters To Me (1995) Faith (1998) Breathe (1999) Cry (2002) Fireflies (2005) Joy To The World (2008) Illusion (2012)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Mississippi Categoría:Nados en 1967