Felipe Lubián Lubián, nado en Lubián en 1952, é un político socialistaLubián, el político bipolar da comarca das Portelas, na provincia de Zamora. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2004.Membros da RAG
Traxectoria Tras exercer como mestre na súa localidade natal deu clase en Santa Coloma de Gramenet. En 1978 volveu á provincia de Zamora, exercendo a dirección do CRA Tuela Bibey de Lubián ata 1994. Foi profesor de Matemáticas no IES Valverde de Lucerna de Proba de Seabra ata a súa xubilación.
Defensor do galego na súa comarca nativa, organizou a asociación cultural Xente Nova, é conferenciante habitual sobre o galego estremeiro"Felipe Lubián falará en Verín sobre “ser zamorano e falar galego". O Sil, 19 de novembro de 2015 e polo seu labor recibiu o premio Roberto Vidal Bolaño en 2008."As Redes Escarlata premian a Felipe Lubián por manter vivo o galego nos concellos de Zamora" . Galicia Hoxe, 24 de xuño de 2008 Tamén é autor do conto infantil "O lobo no cortello" publicado no libro Os contos do xílgaro (1992).Francisco Fernández Rei "A situación do galego no occidente de Asturias, León e Zamora" en Estudios de sociolingüística románica: linguas e variedades minorizadas. Universidade de Santiago de Compostela, 1999, p. 53 Ten utilizado o pseudónimo de Pin Ladreda.
En 2024, a Asociación de Amigos do Couto Mixto recoñeceuno como Xuíz Honorario.
Traxectoria política É alcalde da súa localidade natal dende 1979, militante dende 1984 do PSOE. En 1987 entrou na deputación provincial polo partido xudicial de Puebla de Sanabria, cargo que mantivo ata 1995. Durante a IV Lexislatura foi procurador nas Cortes de Castela e León, pola provincia de Zamora.
Notas
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados na provincia de Zamora Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Profesores de España