Danish Air Transport A/S, normalmente abreviado como DAT, é unha aeroliña dinamarquesa con sede en Vamdrup, no municipio de Kolding. A compañía opera voos regulares e chárter de pasaxeiros e carga.

Danish Air Transport fundouse e comezou a operar no ano 1989, inicialmente como unha aeroliña só de carga. Ao pouco tempo a compañía comezou a ofrecer operacións especiais, como o transporte de cabalos vivos ou subministracións para o Rally París-Dakar en África. Os voos de pasaxeiros comezaron en 1994 e os servizos regulares iniciáronse o 18 de novembro de 1996. DAT realiza servizos regulares entre Dinamarca e Noruega, ademais de operar servizos domésticos dentro deses paíases.

Frota En maio de 2018 a frota de Danish Air Transport estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de Danish Air TransportAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasYTotalAirbus A320-2003—180180Airbus A321-2001—??ATR 42-3003—4646ATR 42-5002—4848ATR 72-2006—666870666870ATR 72-5001—Operado por Air NostrumMcDonnell Douglas MD-82—1165165McDonnell Douglas MD-831—165165Total121

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Dinamarca