O voo 292 de Pan Am foi un accidente de aviación dun Boeing 707-120B de Pan Am que se esnafrou en Chances Peak, na illa Montserrat, o día 17 de setembro de 1965 durante un voo entre o aeroporto de Martinica Aimé Césaire e o aeroporto V. C. Bird en Antiga e Barbuda. O avión quedou esnaquizado e non houbo superviventes entre os 30 pasaxeiros e tripulantes a bordo.

Avión O avión, con rexistro N708PA e bautizado Clipper Constitution, foi o primeiro Boeing 707 que realizara o voo inaugual do modelo o 20 de decembro de 1957. Foi usado por Boeing nas probas de voo antes de ser entregado a Pan Am no mes de novembro do ano seguinte.Dorr, p.49

Accidente O avión saíu do aeroporto de Martinica Aimé Césaire nun voo regular cara Nova York con escalas en Saint John's, Antiga e Barbuda, e San Xoán, Porto Rico. O aparello levaba 21 pasaxeiros e 9 tripulantes a bordo. Mentres se aproximaba ao aeroporto V. C. Bird no medio dunha treboada a unha altitude de 2 760 pés (841 m), o aparello golpeou contra Chances Peak, o punto máis alto da illa cunha altura de 915 m, incendiándose. Determinouse que a causa foi un erro de navegación dos pilotos ao descender por debaixo da altura mínima de seguridade mentres non estaban seguros da súa posición.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Dorr, Robert F. Air Force One, MBI Publishing Company, St. Paul Minnesota, 2002.

0292 Pan Am Pan Am