A lipase endotelial é unha forma de lipase segregada polas células do endotelio vascular en tecidos con altas taxas metabólicas e gran vascularización, como o fígado, pulmóns, riles e glándula tiroide. A diferenza das lipases que hidrolizan triglicéridos (como, por exemplo, a lipoproteína lipase), a lipase endotelial hidroliza primariamente fosfolípidos, mentres que a súa actividade sobre os triglicéridos é menor.
Foi caracterizada en 1999. Ten unha rexión tapa de só 19 residuos. A súa sobreexpresión en ratos reducía as concentracións plasmáticas de colesterol HDL e a apolipoproteína A1.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Hidrolases