Catarina Álvares Paraguaçu,Segundo o certificado de nacemento de Catarina,o seu nome orixinal era Guaibimpará, e non Paraguaçu. nada en Baía en 1495 e finada en ibídem o 26 de xaneiro de 1583, foi unha indíxena tupinamba, da rexión onde hoxe se atopa o estado da Baía. Segundo a certificado do bautismo, realizado o 30 de xullo de 1528 en Saint-Malo, en Francia, e atopado no Canadá, o seu nome verdadeiro sería "Guaibimpará" e non "Paraguaçu" (nome que significa "mar grande"), como rexistra frei Santa Rita Durão no seu poema Caramuru.
Traxectoria Foi ofrecida como esposa polo seu pai, o cacique Taparica, ó náufrago portugués Diogo Álvares, o Caramuru, que gozaba de grande preminencia entre os tupinambás de Baía. Adoptou o nome cristián de Catarina do Brasil. Catarina e Diogo Caramuru formaron a primeira familia cristiá do Brasil. Alén diso, eles formaron a primeira familia documentada do Brasil. É considerada a nai simbólica da nación brasileira.Missa lembra valor histórico da índia Catarina Paraguaçu (1999), recuperado em 14/09/2015 Faleceu en idade avanzada o ano de 1583 e elaborou testamento existente até hoxe no Mosteiro de San Bento da Baía no cal deixa seus bens para os monxes beneditinos. Os seus restos mortais repousan na Igrexa e Abadía de Nosa Señora da Graza, en Salvador.
Unha imaxe de Catarina Paraguaçu se encontra aos pés do Caboclo do dous de xullo, monumento localizado na praza do Campo Grande no centro de Salvador.
Notas
Categoría:Nados en 1495 Categoría:Nados no estado da Baía Categoría:Finados en 1583 Categoría:Pobos tupís