Fernando de Santiago y Díaz de Mendívil, nado en Madrid o 23 de xullo de 1910 e finado, tamén en Madrid, o 6 de novembro de 1994, foi un militar español, destacado durante os últimos anos do franquismo que chegou a ser presidente interino do Goberno de España en xullo de 1976.
Traxectoria
Estudou na Academia General Militar de Zaragoza, cando Franco fora o seu director. Durante a década de 1920 participou na Guerra do Rif e, posteriormente, loitou a prol do bando sublevado durante a Guerra Civil Española (1936-1939). Até o seu ascenso a tenente xeneral prestou servizos en varios postos da milicia. Xa diplomado de Estado Maior, foi profesor e, máis tarde, director da Escola Superior do Exército. miniatura|Tumba do xeneral de Santiago no Cemiterio de Santo Xusto de Madrid. O 4 de marzo de 1971 sucedeu ao xeneral José María Pérez de Lema como gobernador xeral do Sáhara Español. Alí, o seu primeiro traballo foi restaurar a confianza da poboación nativa no réxime colonial español, un ano despois do levantamento de Zemla (17 de xuño de 1970). Máis tarde conseguiu para o goberno saharauí unha maior autonomía interna, manifestada nunha carta do xeneral Franco (20 de febreiro de 1973) na que este prometía converter en lexislativa unha institución até entón soamente consultiva como a Yemaá. O propio xeneral de Santiago transmitiu esta misión ao presidente da asemblea, Khatri Ould Said Ould Joumanien, pero non foi até despois da súa substitución polo xeneral Federico Gómez de Salazar y Nieto (24 de abril de 1974) cando se publicou un estatuto político acerca da autonomía interna do Sáhara. Por entón, de Santiago pasara xa a ocupar un posto de importancia no Centro Superior de Estudos da Defensa (CESEDEN).
Na Transición, durante o primeiro goberno da Monarquía (12 de decembro de 1975) o, daquela, presidente do goberno Carlos Arias Navarro non tardou en nomealo vicepresidente para Asuntos da Defensa e ministro sen carteira.Clemente (1994), p. 63 Asumiu interinamente a presidencia de goberno do 1 ao 3 de xullo de 1976 até a toma de posesión de Adolfo Suárez, sucesor de Arias e foi ratificado no seu cargo de vicepresidente da Defensa (1976).
O 8 de setembro de 1976 Adolfo Suárez expuña o seu proxecto de reforma política ante un grupo de oficiais de alta gradación entre os que se atopaba o xeneral de Santiago. Este criticou duramente a actitude do goberno, favorable á legalización das organizacións sindicais e apareceu como cabeza do denominado búnker;Clemente (1994), p. 64 é dicir, aqueles que eran inmobilistas e estaban en contra das reformas. Pouco despois, o 22 de setembro, presentou a súa dimisiónClemente (1994), p. 66, aínda que autores como Morán aseguran que foi cesado: o substituto foi o xefe do Estado Maior Central, Manuel Gutiérrez Mellado.
Uns días antes do golpe de estado, o 8 de febreiro de 1981, o Tenente Xeneral Fernando de Santiago publicou no diario El Alcázar un artigo titulado "Situación crítica", que resultou moi polémico, onde con motivo dos apupos proferidos catro días antes aos Rei de España polos deputados de Herri Batasuna na Casa de Xuntas de Guernica e dos numerosos asasinatos que viña perpetrando a banda terrorista ETA, cuestionaba a representatividade dos partidos políticos neses momentos.http://lahemerotecadelbuitre.com/piezas/el-general-de-santiago-publica-una-proclama-que-espana-esta-en-situacion-limite-en-el-periodico-el-alcazar/ Tralo Golpe de estado do 23-F, en 1981, o Tenente Xeneral Manuel Gutiérrez Mellado apuntouno como o Elefante Branco, aínda que el negou esa hipótese. Quen investigaron aquela asonada, supoñen que o Elefante nunca existiu ou foi o xeneral Armada ou unha alusión xenérica ás Forzas Armadas.
En xuño de 1983, foi arrestado durante unha semana por pedir, mediante un artigo periodístico no diario El Alcázar, a liberación dos arrestados no golpe do 23-F.
Condecoracións Franco lle concedeu o ingreso na Orde de África coa categoría de Grande Oficial, e o 22 de setembro de 1976 recibiu a Gran Cruz da Orde de Cisneros.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Enciclopedia "Gran Espasa Universal" "Gran Enciclopedia de España-Valatenea S.L.
Outros artigos
Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981 Adolfo Suárez
Categoría:Finados en 1994 Categoría:Golpe de Estado en España de 1981 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1910 Categoría:Presidentes de España