Melissa Farley, nada en San Francisco 1942, é unha psicóloga clínica estadounidense, investigadora e feminista en contra da pornografía e a prostitución. Farley é coñecida polos seus estudos sobre os efectos da prostitución, trata de persoas e violencia sexual. É fundadora e directora da organización Prostitution Research and Education.
Traxectoria Farley traballou para axencias, gobernos, centros médicos e defensores das mulleres en prostitución e vítimas de trata de persoas. Estes grupos inclúen a Organización das Nacións Unidas, o Medical Examining Board de California, o Departamento de Estado dos Estados Unidos, o Centro de Estudos Indíxenas do Mundo (CWIS), a Minnesota Indian Women's Sexual Assault Coalition, Refuge House, Breaking Free, Veronica's Voice e o Cambodian Women's Crise Center. Farley ten 50 publicacións no eido de violencia contra as mulleres, a maioría eles acerca da prostitución, a pornografía e o tráfico de mulleres. A súa investigación foi utilizada por gobernos en Suráfrica, o Canadá, Francia, Nova Zelandia, Ghana, Escocia, Suecia, o Reino Unido e os Estados Unidos para desenvolver educación e políticas sobre a prostitución e o tráfico humano.
Notas
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Alumnos da Universidade de Iowa