Avianca El Salvador, anteriormente Transportes Aereos del Continente Americano e coñecida sinxelamente como TACA, é unha aeroliña do Salvador propiedade de Synergy Group. Como TACA foi a primeira aeroliña do país. Como Avianca El Salvador é unha das sete aeroliñas con marcas nacionais do grupo Avianca Holdings.
TACA foi propietaria e operou outras cinco aeroliñas en Centroamérica, e o seu nome orixinalmente foi o acrónimo de Transportes Aéreos Centroamericanos ata que cambiou por Transportes Aéreos del Continente Americano, reflectindo a súa expansión cara todo o continente americano.
O 7 de outubro de 2009 anunciouse que TACA fusionaríase con Avianca, aínda que TACA mantivo o seu nome ata que a fusión rematouse completamente o 21 de maio de 2013.
Frota En agosto de 2017 a frota de Avianca El Salvador estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Avianca El Salvador Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros NotasCY TotalAirbus A319-1008—12108120—Airbus A320-20018—12138150—Airbus A321-2006—12182194—Airbus A330-2001——Embraer 190IGW6—88896—Total390 A súa compañía nai, Avianca, ten un pedido en firme por 100 avións da familia Airbus A320neo e algúns deles seguramente sexan para Avianca El Salvador.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas do Salvador