Modesto Villar Ínsua, nado en Buenos Aires en 1911 e finado en Ortigueira o 1 de xuño de 1939, foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Estudante de maxisterio na Coruña e profesor de ciencias na Escola de Traballo de Viveiro, era militante do Partido Galeguista dende 1933. Foi designado concelleiro de Viveiro en febreiro de 1936. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou á clandestinidade. O 23 de xuño de 1937 participou no intento de asalto da tarrafa viveirense Nosa Señora das Dores cos irmáns Benedicto e Cesareo Díaz Fuentes, Jesús Iglesias Escourido e Francisco Gómez Núñez “Trostky”, co obxectivo de fuxir á zona republicana. En 1938 integrou a primeira agrupación guerrilleira constituída en Galicia, a Agrupación Chapaev (ou Tchapaief), encargándose de redactar os seus estatutos e da planificación dos golpes económicos."Nacionalismo a man armada" , artigo de Cilia Torna en Sermos Galiza, 27 de agosto de 2014
Xulgado en ausencia por traizón e rebelión militar. Morreu por fractura de cranio por disparosFicha en Souto Blanco, María Jesús "A represión franquista e as súas zonas de penumbra. Vítimas confirmadas e posibles en Lugo (1936-1940)". Concello de Lugo nunha cova de Montemeao en Ortigueira cando a Garda Civil e tropas do exército procedentes de Ferrol rodearon a cova na que estaba refuxiado canda os seus compañeiros os irmáns Amandino (que tamén foi abatido)La Voz de Ortigueira, 22-7-1939, p. 3. e José Neira Fernández.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Nacionalismo e guerrilla: Un capítulo da loita antifranquista na Galiza
Ligazóns externas Vilar Insua, un nacionalista dirixente da agrupación guerrilleira ‘Tchapaief’
Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Concelleiros de Viveiro Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Buenos Aires
Categoría:Nados en 1911
Categoría:Finados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos