Antonio González Pacheco, nado en Aldea del Cano (provincia de Cáceres) o 10 de outubro de 1946 e finado o 7 de maio de 2020, foi un ex-policía español, máis coñecido polo seu alcume Billy el Niño.Las últimas 'palizas' de 'Billy el Niño' elmundo.es

Traxectoria Comezou como funcionario en prácticas por oposición o 1 de setembro de 1969. Tres meses despois xa era subinspector segundo do Corpo Superior da Policía Española, da Brigada Político Social. En xullo de 1977 o ministro da Gobernación Rodolfo Martín Villa concedeulle a medalla de prata ao Mérito Policial polos servizos prestados. Está acusado de malos tratos e torturas a detidos.

Foi denunciado por ducias de detidos e interrogados sendo condenado a pagar dúas multas polas lesións a Enrique Aguilar Benítez de Lugo e pola detención de Paco Lobatón.

Entre as súas vítimas están:"La sangrienta carrera de Billy El Niño, el torturador condecorado del régimen franquista", El Salto, 3 de xuño de 2018 . Enrique Ruano, estudante de Dereito e activista antifranquista. José Luis Úriz, ex-concelleiro do PSOE. José María ‘Chato’ Galante, estudante antifranquista. Luis Suárez-Carreño, membro da Comuna e ex-militante da Liga Comunista Revolucionaria. Primeiro en denunciar a Billy el Niño na xustiza española. Willy Meyer, ex-eurodeputado de Izquierda Unida. Paco Lobatón, xornalista. Lidia Falcón, escritora e fundadora do Partido Feminista de España.

En 1984, pediu a excedencia do Corpo Nacional de Policía e pasou a ser xefe de seguridade da fábrica de Barreiros en Villaverde, Madrid.

Finou na clínica San Francisco de Asís de Madrid aos 73 anos o 7 de maio de 2020 por COVID-19 durante a pandemia.

Denuncia na Arxentina Foi denunciado na Arxentina por José María Galante Serrano, Miguel Ángel Gómez Álvarez, Andoni Arrizabalaga, Antonia Hernández, Francisca Villar del Sanz, Luis Suárez Carreño, Silvia Carretero, Acacio Puig, Alfredo Rodríguez, Antonio Chapera, Felisa Echegoyen, Francisco José Fernández e Jesús Rodríguez acusado de torturas e pedida a súa extradición para ser xulgado alí.

Recoñecementos Fóronlle concedidas catro medallas polos servizos prestados na Policía.Billy el Niño tiene una segunda medalla al mérito policial también pensionada infolibre.esEl torturador 'Billy el Niño' tiene un total de cuatro condecoraciones que suman pluses acumulables en su pensión lasexta.com que lle supoñen cobrar un 50% máis de pensión.

Medalla con distintivo vermello e un incremento dun 10% da pensión, concedida polo Goberno franquista o 20 de xullo de 1972. Medalla de prata ao Mérito Policial con distintivo branco, 13 de xuño de 1977 sendo ministro Rodolfo Martín Villa pola liberación do xeneral Villaescusa, secuestrado polos GRAPOLos compañeros de 'condecoración' de Billy el Niño: de Conesa al excomisario de Leganés publico.com cunha suba na pensión do 15%. Cruz con distintivo Vermello, 10 de outubro de 1980. Suba do 10% Medalla de Prata ao Mérito Policial, 30 de marzo de 1982 concedida por Juan José Rosón para toda a Brigada de Información, incremento da pensión do 15%

En xullo de 1979, antes de ter que declarar no xuízo polos asasinatos dos avogados de Atocha, foi homenaxeado nunha cea por un cento de policías.

En setembro de 2018 anunciouse que lle serían retiradas as condecoracións e os suplementos da pensión. Tras o seu pasamento o 7 de maio de 2020, o Congreso dos Deputados acordou retirarlle as medallas que lle foran concedidas ao longo da súa carreira policial. Conseguiuse con 207 votos a favor, 57 en contra e 86 abstencións, e co seguinte texto:

Notas

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Policías de España Categoría:Nados en Aldea del Cano Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados pola COVID-19 en España Categoría:Tortura