Fermín González Prieto, nado en Viveiro en 1900 e finado en Madrid o 9 de maio de 1987, foi un pintor e fotógrafo galego. Traxectoria
Chegou a Cuba en 1913 e mentres traballaba polo día nun almacén estudaba debuxo no Centro Galego da Habana. En 1915 ingresou na Academia Nacional de Belas Artes San Alejandro da Habana e a partir do ano seguinte deu clase de debuxo e pintura no Centro Galego. Ilustrou diversas publicacións como Eco de Galicia ou Labor Gallega. En 1918 estableceuse en Madrid grazas a unha bolsaBiografía en afundacion.org do Centro Galego para estudar na Academia de San Fernando.
En 1933 mudouse a Viveiro"Fermín González, el pintor de Viveiro que formó y lanzó el Centro Gallego en Cuba". La Voz de Galicia, 8 de abril de 2018, traballando como fotógrafo, coñecido como o fotógrafo Lander, e mais tamén foi profesor de debuxo na Escola Elemental de Traballo. Militante do PSOEEmilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte" Vigo:Xerais, p. 514 sufriu represalias políticas tras o golpe franquista. Volveu á pintura na década de 1950. Especializouse como paisaxista, pintando directamente da natureza, especialmente na montaña luguesa mais tamén en Castela"30 anos da morte de Fermín González Prieto". Museo Provincial de Lugo, 5 de maio de 2017. Notas
Categoría:Nados en 1900 Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Finados en 1987 Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes