Conall Gulban, finado en c. 464 foi un rei irlandés e devanceiro epónimo de Cenél Conaill, que fundou o reino de Tír Chonaill no século V, o cal abranguía o territorio actual do condado de Donegal en Ulster. Era o fillo de Niall Noígiallach.Francis J.Byrne, Irish Kings and High-Kings, Table 1
O seu nome Gulban deriva de Benn Ghulbain no condado de Sligo, dende onde os fillos de Niall comezaron a súa conquista de Aileach.Byrne, pg.84 O rei Conall Gulban foi asasinado polo Masraige en Magh Slécht (que se atopa no oeste do actual condado de Cavan) en 464, un venres.'Flannacán mac Cellaig rí Breg hoc carmen. His poem on the death of some Irish heroes', de Kathleen Mulchrone, en "Journal of Celtic Studies", Vol I (1949-50), pp. 80-93, stanza 22. Foi enterrado por Caillín en Fenagh, County Leitrim.Annals of the Four Masters, M464.3 É importante na historia da Irlanda cristiá por ser o primeiro nobre en ser bautizado por Patricio de Irlanda, o que permitiu a conversión das clases dirixentes de Irlanda.
Aparece como convidado e compañeiro de Caílte mac Rónáin, un dos Fianna principais en Acallam na Senórach, que sobreviviu ó cristianismo e relata os contos dos Fianna e significado dos topónimos ó acabado de chegar San Patricio. Caílte fai a mesma función con Conall en Tír Conaill e descobre os tesouros dos Fianna en diversas tumbas megalíticas nas súas viaxes.
Aparentemente era moi achegado a Eógan mac Néill, quen morreu o ano seguinte de pesar pola morte do seu irmán.Annals of the Four Masters, M465.3
Entre os seus fillos están Fergus Cendfota, Dauí (fundadron de Cenél nDuach) e Énna Bogaine (fundador de Cenél mBogaine).
Notas
Categoría:Reis de Irlanda