Fergustus Pictus ou Fergus o Picto foi un bispo escoto-picto que asistiu ó concilio organizado polo papa Gregorio II no ano 721 en Roma. Aparece rexistrado como "Fergustus episcopus Scotiae Pictus", ou "Fergus o Picto, bispo dos gaels".William Forbes Skene (ed.), Celtic Scotland, (Edinburgh, 1887), vol. ii., p. 232, n. 145. A miúdo é identificado co San Fergus escocés, e co Fregus de Vita Sancti Kentigerni, pero a única evidencia para estas relacións é o seu nome, un nome que, ora na forma Fergus ora como Urgust, era un dos nomes máis populares da Escocia e da Irlanda da Idade Escura.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Boyle, Alexander, "Notes on Scottish Saints," in The Innes Review, Spring 1981, p. 78 Skene, William F. (ed.), Celtic Scotland, (Edimburgo, 1887)

Categoría:Nados no século VIII