Heather Deen Locklear, nada nos Ánxeles o 25 de setembro de 1961, é unha actriz estadounidense, coñecida polo papel de Sammy Jo Carrington en Dinasty (1981-1989) e mais o de Amanda Woodward en Melrose Place (1993-99), polo que recibiu catro Globos de Ouro consecutivos á mellor actriz nunha serie de televisión dramática.

Traxectoria Locklear é filla dunha executiva de produción, Diane, e dun administrador da UCLA, William Locklear. Estudou na UCLA, e neses anos principiou a traballar como modelo e en anuncios. En 1980 debutou na televisión con pequenos papeis en episodios das series CHiPs, 240-Robert e Eight is Enough, antes de iniciar a súa colaboración a longo prazo con Aaron Spelling que empezou co papel de Sammy Jo Dean durante a segunda tempada de Dinasty en 1981. Logo apareceu como unha das protagonistas, a partir da segunda tempada, de T. J. Hooker xunto a William Shatner, mentres seguía a facer aparicións esporádicas en Dinasty e tras o remate de T. J. Hooker en 1986 de novo actuando regularmente ata a súa cancelación en 1989. 

En 1989 protagonizou The Return of Swamp Thing coa que gañou o premio satírico Razzie á peor actriz de 1990. E nese ano protagonizou Going Places, unha serie de comedia que se cancelou despois da primeira tempada. En 1993 logrou o que sería o seu papel máis coñecido, o de Amanda Woodward na serie de Aaron Spelling Melrose Place, unha serie derivada de Beverly Hills, 90210. Ao primeiro Locklear asinara tan só para catro episodios, o primeiro emitiuse o 27 de xaneiro de 1993, mais pasou a ser un membro regular do elenco, malia anunciarse como estrela especial convidada nos créditos de apertura, ata a súa cancelación en 1999. Ao longo da súa carreira, Locklear apareceu en oito producións de televisión realizadas por Aaron Spelling: Dinasty, T. J. Hooker, Matt Houston, Fantasy Island, The Love Boat, Hotel, Melrose Place e o telefilme  Rich Men, Single Woman.

Locklear apareceu na portada de Rolling Stone o 19 de maio de 1994, época na que Melrose Place estaba no auxe da súa popularidade. A revista People recoñeceuna como unha das 50 persoas máis fermosas dúas veces, primeiro en 1994 e, de novo, en 2001 Tamén foi o centro de interese dun especial de Intimate Portrait de Lifetime e  de E! True Hollywood Story .

Tras Melrose Place apareceu dende 1999 como actriz regular en Spin City (inicialmente con Michael J. Fox e máis tarde con Charlie Sheen). A serie rematou en 2002 e Locklear gañou dous  Globos de Ouro á mellor actriz en series de televisión de comedia. En 2002 tivo un breve papel regular na serie de comedia Scrubs. En 2003 estrelou un piloto para a súa propia serie de comedia, Once Around the Park, pero non tivo éxito. O mesmo ano, Locklear apareceu no filme Uptown Girls. En 2004, Locklear fixo a súa aparición na serie de televisión Two and a Half Men con Charlie Sheen. Apareceu amais na serie dramática LAX, que se cancelou logo de 11 episodios. En 2005, Locklear apareceu no filme The Perfect Man con Hilary Duff. E tamén nese ano tivo un breve papel recorrente en Boston Legal.

En 2007 apareceu no posto 25 da lista das 100 mellores iconas de televisión da TV Guide e  Entertainment Weekly. Participou en 2009 na versión actualizada que realizou CW de Melrose Place, repetindo o seu papel como Amanda Woodward en oito episodios. Así e todo a serie tivo baixos índices de audiencia e cancelouse tras a primeira tempada. 

En 2012, Locklear comezou a aparecer nun papel recorrente na serie de comedia de TV Land Hot in Cleveland. En 2013 converteuse en regular na comedia dramática Franklin & Bash''.

Filmografía

Televisión AnoTítuloPapelNotasEpisodio(s)Audiencias (millóns)1980CHiPsTeenagerSerie de televisión"Satan's Angels"N/A1981240-RobertJeanSerie de televisión"Hostages"N/A1981Eight is EnoughIngridSerie de televisión"Yet Another Seven Days in February"N/A1981TwirlCherie SandersTelefilmeN/A1981–1989DynastySammy Jo CarringtonSerie de televisión127 episodios (Recorrente t. 2–5; Regular t. 6–9)1982The Fall GuyJune EdwardsSerie de televisión"Scavenger Hunt"N/A1982Fantasy IslandLorraine WentworthSerie de televisión"Thank God, I'm a Country Girl"N/A1982Matt HoustonCindy McNicholSerie de televisión"Stop the Presses"N/A1982–1986T. J. HookerOfficer Stacy SheridanSerie de televisión84 episodios (t. 2–5)N/A1983Tales of the UnexpectedPat WardSerie de televisión"Youth from Vienna"N/A1983HotelMiranda HardingSerie de televisión"Choices"N/A1983The Love BoatPatti SamuelsSerie de televisión"Youth Takes a Holiday/Don't Leave Home Without It/Prisoner of Love"N/A1983The Fall GuyPaige ConnallySerie de televisión"Just a Small Circle of Friends"N/A1984City KillerAndrea McKnightTelefilme1988Rock 'n' Roll MomDarcy XTelefilme1990Jury Duty: The ComedyRita BurwaldTelefilme1990Rich Men, Single WomenToriTelefilme1990–1991Going PlacesAlexandra "Alex" BurtonSerie de televisión19 episodios N/A1991Dynasty: The ReunionSammy Jo CarringtonMiniserie16.8 (Parte 1) ; 15.3 (Parte 2)1991Her Wicked WaysMelody ShepherdTelefilme24.51992Batman: The Animated SeriesLisa Clark (voice)Serie de televisión"Prophecy of Doom"1992Body LanguageBetsyTelefilme1992Highway HeartbreakerAlexTelefilme22.51992IllusionsJan SandersonTelefilme1993–1999Melrose PlaceAmanda WoodwardSerie de televisión199 episodios (Recorrente t. 1; Regular t. 2–7)1993Fade to BlackVictoriaTelefilme1995Texas JusticePriscilla DavisMiniserie24.7 (Parte 1) ; 21.4 (Parte 2)1996Shattered MindSuzy / Bonnie / Ginger / Victoria / D.J.Telefilme17.41997Muppets TonightHerselfSerie de televisiónEstrela convidada1999–2002Spin CityCaitlin MooreSerie de televisión71 episodios (Tempadas 4–6)2000King of the HillPeggy Donovan (voice)Serie de televisión"Old Glory"2002Ally McBealNicole NaplesSerie de televisión"Tom Dooley"8.12002ScrubsJulie KeatonSerie de televisión"My First Step" ; "My Fruit Cups"17.5 ; 19.92003Once Around the ParkAlex WingfieldSerie de televisiónPiloto2004Two and a Half MenLaura LangSerie de televisión"No Sniffing, No Wowing"16.22004–2005LAXHarley RandomSerie de televisión11 episodios2005Boston LegalKelly NolanSerie de televisión"The Black Widow" ; "Shadenfreude"12.4 ; 11.82006Women of a Certain AgeBarbSerie de televisiónPiloto2007Angels FallReese GilmoreTelefilme5.02007Hannah MontanaHeather TruscottSerie de televisión"Lilly's Mom Has Got It Goin' On"2007Rules of EngagementBarbaraSerie de televisión"Audrey's Sister" ; "Engagement Party"10.1 ; 10.82007See Jayne RunJayne DohertySerie de televisiónPiloto2008Flirting with FortyJackie LaurensTelefilme4.02009–2010Melrose PlaceAmanda WoodwardSerie de televisión8 episodios2011He Loves MeLauraTelefilmeN/A2012–2013Hot in ClevelandChloeSerie de televisión"That Changes Everything" ; "A Midwinter Night's Sex Comedy" ; "Cleveland Fantasy Con"N/A2013Franklin & BashRachel KingSerie de televisión10 episodios (t.3)2016The Game of LoveFrankieTelefilme2016–2017Too Close to HomeThe First LadySerie de televisión8 episodios (T. 1-2)Here2017Fresh Off the BoatSarahSerie de televisión"The Gloves Are Off"3.85

Filmes AnoTítuloPapelEstudioRecadación nos Estados Unidos Recadación mundial1984FirestarterVictoria 'Vicky' Tomlinson McGeeUniversal$17.080.1671989The Return of Swamp ThingAbigail "Abby" ArcaneLightyear Entertainment$192.8161991The Big SliceTanyaSC Entertainment InternationalN/A1993Wayne's World 2Herself (cameo)Paramount$48.197.8051996The First Wives ClubSharon Griffin (cameo)Paramount$105.489.203$181.489.2031997Double TapAgent Katherine HansonHBON/A1997Money TalksGrace CiprianiNew Line$40.922.619$48.407.6112003Looney Tunes: Back in ActionDusty TailsWB$20,991,364$68,514,8442003Uptown GirlsRoma SchleineMGM$37.182.494$44.617.3422005The Perfect ManJean HamiltonUniversal$16.535.005$19.770.4752006Game of LifeIreneMesquite Entertainment GroupN/A2009Flying ByPamelaARTE & Encore PartnersN/A2013Scary Movie 5BarbaraDimension Films & DZE and Brad Grey Pictures$32.015.787$78.378.744

Notas

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Alumnos da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América