Hangaku Gozen (en ) foi unha muller samurai (onna-bugeisha) xaponesa, unha das poucas guerreiras do seu país coñecidas e referenciadas na historia e a literatura clásica.

Traxectoria A súa vida transcorreu entre a fin do período Heian e o comezo do período Kamakura. Era a filla dun guerreiro samurai chamado Jō Sukekuni (城資国). Os seus irmáns eran Jō Sukenaga (城資永) e Jō Nagamochi (城長茂 ou Sukemochi 助茂).

Hangaku loitou e axudou na defensa do castelo de Echigo en 1201. Vestida con roupas de home, foi abatendo coas súas frechas dende a torre do castelo a tódolos atacantes que se achegaban. Finalmente, un arqueiro evitouna e rodeándoa pola parte de atrás do castelo, foi quen de ferila cunha frecha.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Nakano Takeko Tomoe Gozen Shizuka Gozen

Categoría:Nados no século XII Categoría:Militares do Xapón Categoría:Nados no Xapón