O Douglas A-20 Havoc (DB-7 segundo a designación da compañía) foi un avión de ataque, de recoñecemento e bombardeiro lixeiro estadounidense da segunda guerra mundial.
Serviu con varias forzas aéreas aliadas, principalmente coas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF), a Forza Aérea Soviética (VVS), a Aviación Naval Soviética (AVMF), e a Royal Air Force (RAF) do Reino Unido. As unidades soviéticas recibiron máis dun terzo (2 908 avións) de todos os DB-7 finalmente construídos.
Tamén foi utilizado polas forzas aéreas de Australia, Suráfrica, Francia e os Países Baixos durante a guerra, e por Brasil tras ela.Parker 2013, pp. 11, 18–19
Nas forza aéreas da Commonwealth de Nacións, as variantes de bombardeo/ataque do DB-7 foron normalmente coñecidas co nome de servizo Boston, mentres que as de ataque nocturno e incursión foron coñecidas como Havoc. Unha excepción a isto foi a Real Forza Aérea de Australia, que se refería a todas as versións co nome de Boston. A USAAF referíase á variantes de caza nocturna como P-70.
Notas
Bibliografía Parker, Dana T. Building Victory: Aircraft Manufacturing in the Los Angeles Area in World War II. Cypress, California, Dana T. Parker Books, 2013. .
Categoría:Aeronaves de Douglas Categoría:Bombardeiros Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1939