Jane Arden, nada o 29 de outubro de 1927 e finada o 20 de decembro de 1982, foi unha directora de cinema, actriz, guionista, dramaturga, compositora e poeta galesa.

Traxectoria Comezos Jane Arden (de solteira Norah Patricia Morris) naceu na 47 Twmpath Road, Pontypool, en Gales.Jane Arden at babylonwales.blogspot.com

O feminismo, o cine e o teatro radical O traballo de Arden converteuse cada vez máis en radical por mor do seu maior interese e participación no feminismo e o movemento anti-psiquiatría da década de 1960. Isto é particularmente evidente a partir de 1965, comezando coa serie de televisión The Logic Game, que ela escribiu e protagonizou. The Logic Game, a cal foi dirixida por Saville, tamén a protagonizou o actor británico David de Keyser, quen traballou xunto a Arden de novo no filme Separation (1967). Arden, unha vez máis, escribiu o guión e o filme foi dirixido polo seu socio creativo Jack Bond (nado en 1937). Separation, que foi fotografado na atmosfera en branco e negro por Aubrey Dewar, tamén contou coa música das listas de éxitos do grupo británico Procol Harum.

Arden e Bond traballaran previamente no documental Dalí de 1966 en Nova York, que consistiu principalmente no famoso artista surrealista Salvador Dalí e Arden camiñando polas rúas de Nova York en discusións sobre a súa obra.

O traballo de Arden no teatro experimental a finais de 1960 e 1970 coincidiu co seu regreso ó cinema como actriz, guionista e directora (ou co-directora). A obra Vagina Rex and the Gas Oven (1969), protagonizada por Victor Spinetti, Sheila e Allen, foi interpretada coa sala chea durante seis semanas no Laboratorio das Artes de Londres. Foi descrita por Arthur Marwick, no seu libro The Sixties como "quizais a produción máis importante" no lugar durante ese período. Tamén por esta época Arden escribiu o drama The Illusionist.

Escolma de obras 1947 Romeo and Juliet (BBC TV) (actriz) 1947 Black Memory (filme) (actriz) 1948 A Gunman Has Escaped (filme) (actriz) 1954 Conscience and Desire, and Dear Liz (teatro) (dramaturga) 1955 Curtains For Harry (ITV) (co-guionista) 1958 The Party (teatro) (dramaturga) 1959 The Thug (ITV) (guionista) 1964 Huis Clos (BBC TV) (actriz) 1965 The Logic Game (BBC TV) (guionista, actriz) 1965 The Interior Decorator (actriz) 1966 Exit 19 (unha comentarista) 1966 Dalí in New York (BBC TV) (entrevistadora) 1968 Separation (filme) (guionista, actriz) 1968 The Illusionist (guionista) 1969 Vagina Rex and the Gas Oven (teatro) (guionista) 1971 A New Communion for Freaks, Prophets and Witches (aka Holocausto) (teatro) (dramaturga) 1972 The Other Side of the Underneath (filme de 1972) (guionista, actriz sen acreditar, directora) 1974 Vibration (filme) (guionista, co-directora) 1978 You Don't Know What You Want, Do You? (poesía) (writer) 1979 Anti-Clock'' (filme) (guionista, compositora, co-directora)

Notas

Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Actores de cinema de Gales Categoría:Actores de televisión de Gales Categoría:Feministas do Reino Unido Categoría:Artistas feministas