László Nemes, nado como Nemes Jeles László en Budapest o 18 de febreiro de 1977, é un director e guionista húngaro. O seu primeiro filme, Saul fia, foi estreado na sección principal do Festival Internacional de Cine de Cannes de 2015, onde gañou o Grand Prix. É o primeiro director húngaro en gañar un Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa. Saul fia é o segundo filme húngaro en gañar o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. En 2016, Nemes foi membro do xurado do Festival de Cannes dese ano.

Filmografía Cinema Saul fia (2015) Sunset (sen data)

Curtametraxes With a Little Patience (2007) (14 minutos, 35mm) The Counterpart (2008) (14 minutos, 35mm) The Gentleman Takes His Leave (2010) (29 minutos, 35mm)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Directores de cinema de Hungría