Józef Gara, nado en WymysoüKatarzyna Staniszewska-Kogut "Folklore in the Literature of Wilamowice" Inozemna Philologia 2014. Vol. 126 nº 2 pp. 248–254 en 1929 e finado na mesma localidade o 10 de xullo de 2013, foi un mineiro, mestre e poeta polaco en lingua wymysorys. Traxectoria En 2004 publicou unha colección de poemas, completado cun vocabulario con equivalencias en polaco, alemán e inglés. Tamén realizou unha recolleita de cancións populares, realizando un labor de corrección e ampliación do corpus que publicou Jolanta Danek en 2007. Entre 2004-2006 ensinou a lingua na escola primaria de Wilamowice. Nos anos 2012 e mais 2013 traballou como voluntariado coa Asociación Wikimedia Polonia.

Obra Zbiór wierszy o wilamowskich obrzędach i obyczajach oraz słownik języka wilamowskiego, TIMEX/Stowarzyszenie Na Rzecz Zachowania Dziedzictwa Kulturowego Miasta Wilamowice "Wilamowiane" , Bielsko-Biała, 2004, ISBN 83-914917-8-1 Kronika historyczna miasteczka Wilamowice, TIMEX, Wilamowice, 2007 (crónica histórica local) Wymysöjer śtytła" : miasteczko Wilamowice oraz jego osobliwości zawarte w zbiorze piosenek wilamowskich Józefa Gary, Wilamowice: Miejsko-Gminny Ośrodek Kultury, 2007.

Notas

Categoría:Poetas de Polonia Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Escritores en lingua wymysorys Categoría:Nados no condado de Bielsko