Lino Tejada Rodríguez, nado en Mugueimes (Muíños) o 8 de febreiro de 1901 e finado en Xaén o 20 de setembro de 1940, foi un policía e político galego.
Traxectoria
Segundo fillo de Javier Tejada Armada e Segunda Rodríguez Rodríguez. Na segunda metade da década dos vinte era funcionario policial. En 1936 formaba parte do servizo de seguridade do gobernador civil de Xaén. Foi designado delegado especial gobernativo polo gobernador civil Manuel Martín Galeano, para neutralizar o amotinamento da Garda Civil acantonada no santuario da Virxe da Cabeza na Serra Morena, a 32 quilómetros de Andújar. Foi gobernador civil interino "sen nomeamento" de Alacant o 27 de febreiro de 1939 e só ocupou o cargo durante menos de tres semanas, sendo cesado o 17 de marzo de 1939 polas autoridades do Consello Nacional de Defensa (CND), sendo substituído por Manuel Rodríguez Martínez. Foi fusilado 20 de setembro de 1940.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Lino Tejada Rodríguez Lino Tejada Rodríguez, penúltimo efémero Governador Civil do Alacant republicano Ficha en Todos los nombres
Categoría:Policías de Galicia Categoría:Gobernadores civís de Alacant Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Muíños Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos