Universal Hero é un xogo de ordenador realizado por Mastertronic en 1986 para ZX Spectrum. En 1987 apareceu unha versión para Atari 8 bit pero que contiña un bug que imposibilitaba completa-lo xogo.

O xogo ambiéntase nun planeta imaxinario, aínda que da fasquía da Lúa, no que o protagonista ten que buscar nove obxectos e sortear ós bichiños que nos fan a vida imposible, os obxectos debémolos levar á sala da computadora da nave de carga para conseguir escapar do planeta.

Categoría:Videoxogos de 1986 Categoría:Videoxogos de Atari Categoría:Videoxogos de ZX Spectrum Categoría:Videoxogos de Mastertronic Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Reino Unido