O Aberdeen Football Club é un club de fútbol escocés da cidade de Aberdeen. Foi fundado en 1903 e compite na Scottish Premier League.

Historia O club actual naceu da unión de 3 equipos da cidade, o Aberdeen, o Victoria United e o Orion. Nunha asemblea pública o 20 de marzo de 1903, á que asistiron máis de 1600 persoas, decidiuse a unión. O 14 de abril dese mesmo ano fíxose oficial a creación de Aberdeen Football Club. Sir Alex Ferguson foi un exitoso adestrador do equipo nos anos 80, guiándoo a conquistar 3 ligas e a Recopa de Europa en 1983.

Datos do club Primeiro partido: Aberdeen 1 - 1 Stenhousemuir (15 de agosto de 1903) Maior goleada conseguida: Aberdeen 13 - 0 Peterhead (Copa de Escocia; 10 de febreiro de 1923) Maior goleada encaixada: Celtic 8 - 0 Aberdeen (Celtic Park; 30 de xaneiro de 1965) Máximo goleador: Joe Harper, 205 tantos Máis partidos disputados: Willie Miller, 556, entre 1973 e 1990.

Palmarés Scottish League Premier division (4): 1954–55, 1979–80, 1983–84, 1984–85 Copa de Escocia (7): 1947, 1970, 1982, 1983, 1984, 1986, 1990 Copa da Liga de Escocia (5): 1955–56, 1976–77, 1985–86, 1989–90, 1995–96 Recopa de Europa (1): 1982–83 Supercopa de Europa (1): 1983

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial do club