Xabier Pérez Igrexas, nado en Vigo o 7 de agosto de 1984, é un político galego, concelleiro do BNG no concello de Vigo desde 2019.

Traxectoria miniatura|Papeleta das eleccións locais 2023 en Vigo do BNG. Militante da Unión do Povo Galego,"Xabier Pérez Igrexas". UPG foi secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes e membro do Consello Federal da Confederación Intersindical Galega. Foi secretario da Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao e un dos impulsores de Sermos Galiza.

Nas eleccións municipais de 2019 saíu elixido como o único concelleiro do BNG no pleno da corporación municipal de Vigo.

Foi candidato á alcaldía de Vigo polo Bloque Nacionalista Galego nas eleccións municipais de 2019, nas que saíu electo. A asemblea local do BNG elexiuno de novo como candidato nas eleccións de 2023.

É columnista de opinión en diversos medios de comunicación, como Nós DiarioArtigos en Nós Diario ou o dixital Terra e Tempo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Blog Contradiscurso

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1984 Categoría:Políticos da UPG Categoría:Sindicalistas da CIG Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Políticos do BNG