A lingua dothraki é unha lingua ficticia das novelas de fantasía de George R. R. Martin, A Song of Ice and Fire e a súa adaptación á serie de televisión Game of Thrones. É falada polo pobo ficticio dothraki, os habitantes nómades do mar dothraki. A lingua foi desenvolvida para a serie de televisión polo lingüista David J. Peterson, a partir de palabras e frases dothrakis presentes nas novelas de Martin.

En setembro de 2011, a lingua abranguía 3163 verbas, que daquela aínda non foran feitas públicas. En 2012, 146 nenas acabadas de nacer nos Estados Unidos foi chamadas "Khaleesi", o termo dothraki para a muller dun khal ou gobernante, que é o título adoptado na serie pola personaxe de Daenerys Targaryen. O dothraki e o valyrio foron descritos como "as linguas ficticias máis convincentes dende o élfico".

Notas

Categoría:A Song of Ice and Fire Categoría:Linguas artificiais Categoría:Linguas ficticias