miniatura|300px|Rañaceos en Madrid. Madrid, a capital de España, ten unha serie de edificios considerados rañaceos que se reparten en distintas zonas do centro da cidade. A área de rañaceos máis famosa de Madrid é AZCA, no Paseo da Castellana, onde está o que foi o edificio máis alto da cidade desde 1988 ata 2007, a Torre Picasso, con 157 metros. Hai outros lugares de Madrid onde se concentran edificios notoriamente altos, aínda que algúns deles teñen discutida a súa cualificación de rañaceos. Na praza de Castilla hai dúas torres especialmente rechamantes polo ángulo agudo que forma unha das súas fachadas co chan, os edificios da Puerta de Europa.

Actualmente o parque empresarial chamado Cuatro Torres Business Area (CTBA) no norte do Paseo de la Castellana, no que está o rañaceos máis alto de España, a Torre de Cristal, con 250 metros, reúne os catro rañaceos máis altos de Madrid e tamén de España.

Lista dos rañaceos máis altos Posto Edificio Imaxe Altura Andares Inauguración 1 Torre de Cristal 149x149px 249 m 50 2008 2 Torre Cepsa 136x136px 248 m 49 2008 3 Torre PwC 140x140px 236 m 52 2008 4 Torre Espacio 135x135px 223 m 56 20085Caleido107x107px181 m 5 Torre Picasso120x120px 157 m 43 1988 6 Torre de Madrid107x107px 142 m 34 1957 7 Torre Europa120x120px 121 m 35 1985 8 Edificio España80x80px 117 m 25 1953 9/10 Torre Puerta de Europa I80x80px 114 m 26 1996 Torre Puerta de Europa II 11 Torres de Colón 107x107px 110 m 23 1976 12 Castellana 81 148x148px 107 m 28 1981 13 Torre Titania 100x100px 104 m 23 2011 14 Torre del Complejo Cuzco 107x107px 100 m 25 1979 15 Torre de Valencia 108x108px 94 m 30 1970

Véxase tamén

Ligazóns externas Lista de rañaceos máis altos de Madrid en Urbanity Diagrama dos edificios máis altos de Madrid en skyscraperpage.com Lista de edificios máis altos de Madrid en lycos.es Rañaceos de Madrid en Construción, fotografías

Categoría:Listas de ciencias sociais