O ácido montánico ou ácido octacosanoico é un ácido graxo de cadea lineal con 28 átomos de carbono, cuxa fórmula molecular é , que se simboliza como C28:0.

A temperatura ambiente moderada é sólido e funde aos 90,0–90,9 °C. A súa densidade é de 0,8191 g/cm3 entre 4 e 100 °C, e o seu índice de refracción é de 1,4313 a 100 °C.LipidBank - Fatty acid(DFA0028) . [Consultado: o 16 de outubro de 2018].

O seu nome común de ácido montánico provén do alemán MontanwachsMontanwachs - MATERIAL ARCHIV (en alemán). [Consultado: 16 de outubro de 2018]. e esta do latín montanus, ‘relativo á montaña’ e do alemán wachs, 'cera'; xa que se illa da cera montana, extraída do lignito.PlantFAdb . [Consultado: 16 de agosto de 2018]. A cera montana contén aproximadamente un 50 % de ácido montánico.Ryan, Hugh; Algar, Joseph. Montanic Acid and Its Derivatives. Proceedings of the Royal Irish Academy. Section B: Biological, Geological, and Chemical Science, 30, 1912, páx. 97–105.

Atópase tamén no cerebro humano e nos órganos viscerais. Pode obterse a partir da cana de azucre (Saccharum officinarum L.). Biosintetíase a partir do octacosanol por medio de β-oxidación. Tamén aparece na cera de abella e na cera chinesa (obtida dos insectos Ceroplastes ceriferus e Ericerus pela). Os ésteres de etilén glicol e de glicerol de ácido montánico utilízanse como capa protectora na pel de froitos e cubertas de alimentos."Documenta Geigy: Scientific tables" Konrad Diem, C. Lentner; Geigy Pharmaceuticals, sixth edition, 1965. Demostrouse que inhibe a agregación plaquetaria inducida ex vivo a causa da adición de agonistas no plasma.Human Metabolome Database: Showing metabocard for Octacosanoic acid (HMDB0002348). [Consultado: 16 de outubro de 2018].

Notas

Categoría:Ácidos graxos