O ácido tetratriacontanoico, tamén chamado ácido géddico ou ácido ghéddico, é un ácido graxo de cadea lineal saturado de 34 átomos de carbono, coa fórmula molecular , que simboliza como C34:0.

O ácido tetratriacontanoico a temperatura ambiente moderada é sólido e funde a 98,4 °C. É soluble en cloroformo, en acetona quente e en benceno quente. O seu nome común de ácido géddico ou ghéddico provén da chamada cera ghedda,LipidBank - Fatty acid(DFA0034) . [Consultado: 16 de outubro de 2018] segregada por diversas especies de abellas melíferas asiáticas como Apis dorsata e Apis cerana.Bogdanov, Stefan. Beeswax: Production, Properties, Composition, Control, 2016-04-01. Tamén se atopa nalgunhas plantas como nas raíces de Macaranga denticulata.Huang, Jian-you; Lu, Wen-jie; Tan, Xiao; Lu, Guo-shou; Huang, Zhou-feng. Chemical Constituents from Macaranga denticulata Root. Zhong yao cai = Zhongyaocai = Journal of Chinese medicinal materials, 38, 01-08-2015, páx. 1671–1673.

Notas

Categoría:Ácidos graxos