Francesco II Acciaioli, finado en 1460, chamado Franco, foi o último duque de Atenas.

Traxectoria Era o fillo do duque Antonio II Acciaioli pero só gobernou durante dous anos (1455-1456), cando o exército turco baixo Turahanoğlu Ömer Bey chegou a Atenas. O duque e os seus cidadáns escondéronse na Acrópole e mantivéronse contra os turcos até xuño de 1458, cando se viron obrigados a renderse. Mehmed II entrou en Atenas en agosto de 1458, e permitiu a Franco conservar o señorío de Tebas como vasalo seu.

En 1460, Mehmed foi informado polos seus xanízaros dun complot para colocar a Francisco unha vez máis en Atenas. Francisco foi convocado a Morea por Zağanos Pasha, un dos gobernadores do sultán. Despois dunha longa noite de entretemento, Zağanos Pasha dixo a Francisco que a súa última hora chegara. A última petición de Francisco foi ser asasinado na súa propia tenda de campaña, cousa que lle foi concedida. Véxase tamén Bibliografía Babinger, Franz. Mehmed der Eroberer und seine Zeit, 1953.

Categoría:Finados en 1460 Categoría:Duques de Atenas