A Igrexa de San Cirilo de Turaŭ e de todos os santos patróns do pobo belaruso (en ; en ) é un templo londiniense da Igrexa católica bizantina belarusa. Historia A igrexa foi erixida no centro cultural e relixioso belaruso do norte de Londres, que tamén inclúe a Biblioteca e Museo Belarusos Francis Skaryna. Foi a primeira igrexa de madeira construída na cidade dende o grande incendio de 1666, o primeiro templo especificamente construído para os greco-católicos en Londres, o primeiro memorial ás vítimas do desastre de Chernóbil en Europa occidental, e a primeira igrexa católica belarusa erixida no estranxeiro.
O proxecto foi ideado polo sacerdote da misión católica belarusa de Londres, Siarhiej Stasievič, e levado a cabo polo arquitecto británico de orixe chinesa e fiel greco-católico Tszwai So. O proxecto foi aprobado tanto pola Santa Sé como pola arquidiocese de Westminster.
Os traballos de construción comezaron en novembro de 2015, e os cimentos completáronse en xaneiro de 2016. A pedra angular foi traída do antigo mosteiro dos marianos de Druja (hoxe igrexa da Santa Trindade de Druja). O 17 de decembro de 2016 a igrexa foi consagrada polo bispo da Sagrada Familia de Londres Hlib Lonchyna, na que participaron tamén o nuncio Antonio Mennini, e o visitador apostólico para os belarusos Siarhiej Hajek.
O 13 de maio de 2017 unha parte das cinsas da poeta e tradutora do belaruso Vera Rich foron enterradas na capela de san Xurxo da igrexa, nunha cerimonia oficiada polo bispo de Chicago Venedykt Aleksiichuk. A igrexa tamén é sé da misión para os greco-católicos eslovacos de Londres.
Arquitectura O templo baséase na tradición de igrexas de madeira e no barroco belaruso, e tendo en conta a estética do rito bizantino. O arquitecto Tszwai So levou a cabo un estivo sobre o terreo en Belarús, estudando a arquitectura das igrexas greco-católicas anteriores á conquista rusa do século XVIII. Recoñecementos Foi presentada no London Festival of Architecture, onde recibiu o Premio RIBA Rexional de Londres de 2017. Recibiu tamén o premio do público nos New London Awards de 2017.
Notas
Categoría:Igrexas católicas de Inglaterra Categoría:Igrexa católica bizantina belarusa Categoría:Arquitectura de Londres