Mumtaz Jehan Begum Dehlavi, coñecida como Madhubala, nada en Delhi (India Británica) o 14 de febreiro de 1933 e finada en Bandra (Mumbai) o 23 de febreiro de 1969, foi unha actriz cinematográfica india que protagonizou filmes clásicos de Bollywood. Coñecida popularmente como A bela con traxedia e a Venus do cinema indio, foi célebre pola súa beleza e por protagonizar filmes de éxito comercial do cinema hindi.Booch, Harish and Doyle, Karing.(1962). Self-Portraitt. Bombay: Jai Gujerat Press. pp. 75-78.Lanba, Urmila. (2012). Bollywood's Top 20: Superstars of Indian Cinema (Patel, B, ed.). páx. 114-28. Estivo activa entre 1942 e 1964.

Considerada unha das actrices máis icónicas e influentes da historia do cinema hindi, debutou nun pequeno papel de nove anos no filme Basant (1942) mais a súa carreira realmente comezou en 1947, cando fixo o seu primeiro filme con Raj Kapoor aos catorce anos, Neel Kamal (1947). Nunha carreira que se estendeu case dúas décadas, Madhubala participou en máis de sete filmes de xéneros variados como Mahal (1949), Dulari (1949), Beqasoor (1950), Tarana (1951), Amar (1954), Mr. & Mrs. '55 (1955), Chalti Ka Naam Gaadi (1958), Howrah Bridge (1958) e Mughal-e-Azam (1960) con actores como Dilip Kumar, Guru Dutt, Ashok Kumar, Dev Anand e Kishore Kumar. Recibiu a súa única candidatura a un premio Filmfare á mellor actriz pola súa interpretación en Mughal-e-Azam (1960).

En 1951, captou o interese de Hollywood cando o director de fotografía James Burke visitou a India e fotografouna para a revista Life. No artigo foi denominada "a maior estrela" da industria cinematográfica internacional. Madhubala foi comparada con Marilyn Monroe: o aspecto ardoroso, a carreira curta e o tráxico final:

Era unha grande afeccionada a Hollywood, e mentres visitaba Bombay, Frank Capra intentou darlle unha oportunidade nos Estados Unidos, mais o seu pai rexeitouno.

Madhubala tivo unha longa relación co actor Dilip Kumar, mais casou co seu coprotagonista de Chalti Ka Naam Gaadi, Kishore Kumar en 1960. Xuntos traballaron en filmes como Dhake Ki Malmal (1956), Chalti Ka Naam Gaadi (1958), Jhumroo (1961) e Half Ticket (1962). O seu matrimonio durou nove anos e acabou coa morte de Madhubala tras unha longa enfermidade aos 36 anos. O seu último filme, Jwala, rodado na década de 1950, estreouse en 1971.

Legado A forte presenza de Madhubala na memoria do público evidénciase en todas as recentes enquisas sobre as principais actrices ou belezas do cinema da India.Lanba, Urmila. (2012). Bollywood's Top 20: Superstars of Indian Cinema (Patel, B, ed.). páx. 126. Cada ano, no aniversario do seu nacemento, publícanse numerosos artigos e emítense programas de televisión para conmemorala. Os seus carteis aínda están á venda xunto cos de actrices contemporáneas como Meena Kumari, Nargis, Waheeda Rehman e Nutan. As revistas modernas continúan a publicar historias da súa vida persoal e a súa carreira, e adoitan promover o seu nome para atraer vendas. No especial de 2007 para o Día Internacional da Muller de Rediff.com, Madhubala foi escollida segunda na lista das dez mellores actrices de Bollywood. Con todo, moitos cren que Madhubala é unha das actrices máis infravaloradas, xa que "a súa beleza atraía máis atención que o seu talento".Lanba, Urmila. (2012). Bollywood's Top 20: Superstars of Indian Cinema (Patel, B, ed.). páx. 118.

O 18 de marzo de 2008 emitiuse un selo conmemorativo que representa a Madhubala. O selo foi producido por India Post nunha serie limitada. Só outra actriz, Nargis Dutt, fora honrada deste xeito con anterioridade.

O 10 de agosto de 2017, o centro de Nova Delhi de Madame Tussauds amosou a estatua de Madhubala como a célebre cortesana Anarkali de Mughal-E-Azam como tributo á actriz. O centro Madame Tussauds abriu en Nova Delhi o 1 de decembro de 2017.

En 2018 The New York Times publicou un obituario tardío para ela.

Filmografía Filme Ano Personaxe Basant 1942 Manju Mumtaz Mahal 1944 Dhanna Bhagat 1945 Rajputani 1946 Pujari 1946 Phoolwari 1946 Saat Samundaron Ki Mallika 1947 Mere Bhagwan 1947 Khubsoorat Duniya 1947 Dil-Ki-Rani 1947 Chittor Vijay 1947 Neel Kamal 1947 Princesa Kamala Parai Aag 1948 Lal Dupatta 1948 Desh Sewa 1948 Amar Prem 1948 Sipahiya 1949 Singaar 1949 Paras 1949 Priya Neki Aur Badi 1949 Mahal 1949 Kamini Imtihaan 1949 Dulari 1949 Daulat 1949 Apradhi 1949 Pardes 1950 Chanda Nishana 1950 Nirala 1950 Poonam Madhubala 1950 Hanste Aansoo 1950 Beqasoor 1950 Usha Tarana 1951 Tarana Saiyan 1951 Saiyan Nazneen 1951 Nadaan 1951 Khazana 1951 Badal 1951 Ratna Singh Aaram 1951 Leela Saqi 1952 Rukhsana Sangdil 1952 Kamal Rail Ka Dibba 1953 Chanda Armaan 1953 Bahut Din Huye 1954 Chandrakanta Amar 1954 Anju Teerandaz 1955 Naqab 1955 Naata 1955 Mr. & Mrs. '55 1955 Anita Verma Shirin Farhad 1956 Shirin Raj Hath 1956 Raja Beti Dhake Ki Malmal 1956 Yahudi Ki Ladki 1957 Gateway of India 1957 Anju Ek Saal 1957 Usha Sinha Police 1958 Phagun 1958 Banani Kalapani 1958 Asha Howrah Bridge 1958 Edna Chalti Ka Naam Gaadi 1958 Renu Baghi Sipahi 1958 Kal Hamara Hai 1959 Madhu/Bela Insaan Jaag Utha 1959 Gauri Do Ustad 1959 Madhu Sharma Mehlon Ke Khwab 1960 Asha Jaali Note 1960 Renu/Beena Barsaat Ki Raat 1960 Shabnam K. Bahadur Mughal-e-Azam 1960 Anarkali Passport 1961 Rita Bhagwandas Jhumroo 1961 Anjana Boy Friend 1961 Sangeeta Half Ticket 1962 Rajnidevi/Asha Sharabi 1964 Kamala Jwala 1971

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Akbar, M. J. Sunday Magazine, 5 de agosto de 1996 Bajaj, Rajiv K. (ed.). The Daily, 26 de maio de 1996 Bhattacharya, Rinki. Bimal Roy: A man of silence, South Asia Books Cort, David. Theatre Arts, agosto de 1952; Vol. XXXVI No. 8 Deep, Mohan. Madhubala: The Mystery and Mystique, Magna Publishing Co. Ltd. Joshi, Meera. Madhubala: Tears in Heaven Filmfare, 14 de maio de 2008 Kamath M.V. The Daily, xuño de 1996 Karanjia, B.K. Dates with Diva, Deccan Chronicle, 17 de decembro de 2006 Khan, Aisha. "Madhubala, 1933-1969", New York Times, 8 de marzo de 2018. Raheja, Dinesh. The Hundred Luminaries of Hindi Cinema, India Book House Publishers Rajadhyaksha, Ashish; Willemen, Paul. The Encyclopedia of Indian Cinema, Fitzroy Dearborn Publishers Reuben, Bunny. Follywood Flashback, Indus publishers Sawhney, Clifford. Debonair''', xuño de 1996 Singh, Khushwant. Sunday Observer'' 23–29 de xuño de 1996

Categoría:Actores de cinema da India Categoría:Nados en Delhi Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 1969