Furkan Aldemir, nado o 24 de xullo de 1997 en Konak, Esmirna, é un xogador turco de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Aldemir foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Los Angeles Clippers. Nesa mesma noite do Draft, foi traspasado ós Houston Rockets nun traspaso entre catro equipos. O 13 de xullo de 2013 os seus dereitos foron traspasados xunto a Royce White ós Philadelphia 76ers.

O 15 de decembro de 2014, Aldemir asinou cos Philadelphia 76ers. Ese mesmo día fixo o seu debut na NBA, facendo 2 puntos, 2 rebotes e 1 asistencia na derrota dos Sixers por 105-87 contra os Boston Celtics. O 26 de outubro de 2015, foi cortado polos Sixers.

O 7 de novembro de 2015, Aldemir regresou a Turquía para asinar un contrato de catro anos co Darüşşafaka SK da Basketbol Süper Ligi.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados na provincia de Esmirna Categoría:Xogadores de baloncesto de Turquía Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do Karşıyaka SK‎ Categoría:Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto)‎ Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do Darüşşafaka SK‎