Engracia Vidal Estévez, nada en Cambados en 1930 e finada en Pontevedra o 23 de xaneiro de 2024,"Unha vida de compromiso", La Voz de Galicia, 23-10-2010, p. L16. foi unha relixiosa e escritora galega.
Traxectoria Naceu en Cambados, onde estaba destinado o seu pai como rexistrador da propiedade. Foi a pequena de tres irmáns. Con nove anos marchou a Pontevedra facer o ingreso no Colexio do Sagrado Corazón dos Praceres. Estudou Historia e Teoloxía en Santiago de Compostela; rematou en Madrid a licenciatura de Historia e diplomouse en Teoloxía.
Con vinte anos marchou a Roma para participar nunha formación e ingresou na orde do Sagrado Corazón. Volveu a España destinada ao colexio da congregación do Sagrado Corazón de Granada, onde foi profesora catro anos. Despois volveu a Roma para outra formación máis relixiosa. Con 24 anos foi coma directora para o Sagrado Corazón de Praceres. Volveu ser directora do Colexio de Praceres aos 37 anos e despois pasou a ser directora do colexio de Chamartín de Madrid. Dende 1970 foi directora dunha residencia en Santiago de Compostela para rapazas do rural que non podían estudar o bacharelato nas súas localidades e deu clase no Seminario menor de Belvís (a primeira muller profesora). Saíu da congregación e foi profesora en Ferrol e mais no Instituto A Xunqueira de Pontevedra.
Foi a primeira directora da revista Encrucillada en 1977, da que tamén foi secretaria, e onde publicou múltiples colaboracións. Participou activamente nos inicios da Marcha Mundial das Mulleres. Tamén foi promotora de Mulleres Cristiás Galegas.
Obras Por unha Igrexa tamén feminina (2000). Ecrucillada, Monográficos. O primeiro ensaio relixioso en galego.
Tradución
Recuperar La Creacion: Por una religión humanizadora, de Andrés Torres Queiruga (2021). Sal terrae; N.º 3. ISBN 978-8429312065.
Homenaxe
Engracia Vidal Estévez. Profecía de fe e galeguidade (2010). Un libro coordinado por Mª Pilar Wirtz Molezún, Maite Pérez Vázquez, Elvira Santos Pena e Marisa Vidal Collazo, maquetado e deseñado por ávila&pite. O libro inclúe tamén un DVD coa entrevista a Engracia Vidal que fixeron Maite Pérez e Marisa Vidal.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Encrucillada
Ligazóns externas Engracia Vidal Estévez na páxina web do proxecto Do gris ao Violeta Engracia Vidal Estévez por Ana Santos
Engracia Vidal Estévez na web do Consello da Cultura Galega
Categoría:Relixiosos católicos de España Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1930 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2024 Categoría:Feminismo en Galicia