Dasypsyllus gallinulae é unha especie de pulga parasita das aves orixinaria de Suramérica, aínda que agora está espallada por todo o mundo. É unha pulga grande, doadamente identificable porque o macho ten dúas espiñas con forma de corno pesadas nunha das súas solapas xenitais, e a femia ten unha embocadura profunda no sétimo esternito.

Encóntrase nos niños de aves, pero é máis probable atopala no corpo da ave que, por exemplo, a pulga das galiñas Ceratophyllus gallinae, que normalmente se encontra nos niños. Entre os moitos hóspedes de D, gallinae están a galiña de río (Gallinula chloropus), a arcea (Scolopax rusticola), os tetraoninos, o paporrubio (Erithacus rubecula), a estreliña do norte (Regulus regulus), o párido Poecile montanus, e o gabeador Certhia familiaris.

Notas

Categoría:Sifonápteros Categoría:Animais descritos en 1878