Larvivora komadori é unha especie de ave paseriforme da familia Muscicapidae endémica das illas Ryūkyū do Xapón.
Taxonomía miniatura|esquerda|Macho. Esta especie clasificábase antes no xénero Erithacus (os paparroibos), xunto a Larvivora akahige. Pero estudos filoxenéticos realizados en 2006 e 2010 demostraron que as dúas especies asiáticas estaban máis próximas á especie naquel momento clasificada como Luscinia cyane (hoxe Larvivora cyane) que do paparroibo. Como Luscinia non era monofilético recuperouse o vello xénero Larvivora para situar o clado que contiña Larvivora komadori, Larvivora akahige, Larvivora cyane e outras especies (antes no xénero Luscinia).
O nome científico desta especie, komadori, é algo confuso, xa que é o nome común en xaponés do seu parente Larvivora akahige, e viceversa, o nome científico deste último, akahige, é o nome común en xaponés de Larvivora komadori.
Recoñécense dúas subespecies: L. k. komadori Temminck, 1835 - vive nas illas Ryūkyū setentrionais; L. k. namiyei Stejneger, 1887 - vive na illa de Okinawa.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Muscicápidos Categoría:Animais descritos en 1835