Isaac Evolue Etue Bofenda Bonga, nado o 8 de novembro de 1999 en Neuwied, é un xogador alemán de baloncesto profesional que xoga nos FC Bayern München da Basketball Bundesliga.

Traxectoria profesional En xuño de 2016, Bonga asinou un contrato de catro anos co Skyliners Frankfurt da Basketball Bundesliga. Debutou na Bundesliga con 16 anos o 23 de setembro de 2016, na derrota por 84-55 contra o Brose Bamberg.

O 21 de xuño de 2018, Bonga foi seleccionado na 39ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Philadelphia 76ers. O 6 de xullo foi traspasado ós Los Angeles Lakers a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2019. Tras o traspaso, Bonga asinou un contrato de rookie cos Lakers. Fixo o seu debut na NBA o 7 de decembro de 2018 contra os San Antonio Spurs.

O 5 de xullo de 2019, Bonga foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre tres equipos.

O 12 de agosto de 2021, Bonga asinou cos Toronto Raptors.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Eurobasket.com

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Renania-Palatinado Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Alemaña Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do Skyliners Frankfurt Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024