Frances Hamilton Arnold, nada en Pittsburgh o 25 de xullo de 1956, é unha científica e química estadounidense. Foi galardoada co Premio Nobel de Química no 2018 xunto a George P. Smith e Gregory Winter. É pioneira na investigación de métodos de evolución dirixida para crear sistemas biolóxicos útiles, incluíndo enzimas, rutas metabólicas, circuítos de regulación xenética e organismos. É profesora de Linus Pauling de enxeñaría química, bioquímica e bioenxeñaría no Instituto de Tecnoloxía de California
Traxectoria Primeiros anos e educación Frances é filla de Josephine Inman e do físico nuclear William Howard Arnold Frances graduouse no 1979 en Enxeñaría mecánica e Enxeñaría aeroespacial na Universidade de Princeton, onde se centrou en investigar sobre a enerxía solar. Despois de graduarse en Princeton traballou como enxeñeira en Corea do Sur, Brasil e no Solar Energy Research Institute de Colorado (agora chamado National Renewable Energy Laboratory). Anos máis tarde, no 1985 doutorouse en Química na Universidade de California en Berkeley, onde comezou a interesarse pola bioquímica.
Vida persoal Frances Arnold vive en La Cañada Flintridge, California. Casou con James E.Bailey e tiveron un fillo, James. No 2001 Bailey morreu de cancro e anos máis tarde Frances volveu a casar co astrofísico de Caltech Andrew E.Lange co que tivo dous fillos, William e Joseph. No 2010 Andrew suicidouse e 6 anos máis tarde o seu fillo William morreu nun accidente. No 2005 Frances foi diagnosticada con cancro de mama e estivo baixo tratamento 18 meses.
Recoñecementos O traballo de Frances Arnold foi recoñecido e esta recibiu numerosos premios, entre eles o Premio Nobel de Química no 2018 polo seu traballo pioneiro en Evolución dirixida, converténdose así na quinta muller en recibir este premio nos seus 117 anos de existencia e na primeira estadounidense.
Tamén recibiu numerosos outros premios como:
No 2011 o Draper Prize da National Academy of Engineering (NAE) (sendo a primeira muller en recibilo), O premio da Society of Women Engineers Doutora Honoris Causa en ciencias polo Dartmouth College (2017) Premio de Tecnoloxía do Milenio (2016) Doutora Honoris Causa en ciencias pola Escola Politécnica Federal de Zúrich (2015) Emanuel Merck Lecture da Universidade Técnica de Darmstadt, Alemaña (2013) Medalla Nacional de Tecnoloxía e Innovación (2013) Premio ENI (2013) Premio Charles Stark Draper (2011) Premio de enxeñaría enzimática das Conferencias Internacionais de Enxeñaría e Genencor (2007)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Frances Arnold: Enxeñeira química na exposición virtual Mulleres na ciencia
Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Nados en 1956 Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Profesores do Instituto Tecnolóxico de California Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América