Carlo Giuseppe Testa,Tamén referenciado como Charles Joseph Testa. nado o 28 de xuño de 1808 en Constantinopla e finado na mesma cidade o 24 de setembro de 1887, foi un eclesiástico católico latino, brevemente bispo auxiliar da vigairía apostólica de Constantinopla. Traxectoria De orixe italiana, naceu en Constantinopla o 28 de xuño de 1808. Foi ordenado sacerdote da vigairía apostólica de Constantinopla, e posteriormente nomeado vigairo xeral de Paolo Brunoni.

O 20 de marzo de 1885 foi nomeado bispo auxiliar da vigairía, e bispo titular de Facusa. Recibiu a consagración episcopal na catedral do Espírito Santo de Istambul o 26 de abril do mesmo ano, de mans do vigairo apostólico Luigi Rotelli, e tivo como co-consagrantes ao arcebispo auxiliar de Neápolis Veniamin Efsevidis e ao bispo de Trebisonda Boghos Marmarian. O 9 de agosto ordenou sacerdote a Michel Tamarati.

Finou no cargo o 24 de setembro de 1887.

Notas

Categoría:Nados en 1808 Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Finados en 1887