Vilavidal é un lugar da parroquia de Santo André de Penosiños, no concello ourensán de Ramirás, na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE, en 2023 tiña 140 habitantes (71 homes e 69 mulleres).

Historia A vila foi creada en 1918, ao pé da estrada que unía Celanova con Cortegada (antiga C-531 de Xinzo de Limia a Vilagarcía de Arousa). A primeira casa foi construída polos irmáns Cristalina e Victoriano Vidal, que puxeron unha tenda. A vila chegou a ter 46 vivendas e case 300 habitantes.

Lugares e parroquias Lugares de Santo André de Penosiños

Parroquias de Ramirás

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ramirás

Categoría:Lugares de Ramirás