Caris Coleman LeVert, nado o 25 de agosto de 1994 en Columbus, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2016, LeVert foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Indiana Pacers. O 7 de xullo de 2016, os seus dereitos foron traspasados ós Brooklyn Nets, a cambio de Thaddeus Young. O 14 de xullo asinou o seu contrato de rookie cos Nets. Fixo o seu debut coma profesional o 7 de decembro de 2016 contra os Denver Nuggets.

O 16 de xaneiro de 2021, LeVert foi traspasado ós Indiana Pacers coma parte dun traspaso entre catro equipos.

O 6 de febreiro de 2022, LeVert foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Ricky Rubio, unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2022, unha elección da segunda rolda do Draft de 2022, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2027. Tres días máis tarde, o 9 de febreiro, LeVert debutou cos Cavaliers, facendo 11 puntos na vitoria por 105–92 contra os San Antonio Spurs.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Columbus, Ohio Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers