A batalla do encoro de Chosin, tamén coñecida como a campaña do lago de Changjin (en chinés: 长 津 湖 战役, pinyin: Cháng Jīn Hú Zhànyì), foi unha batalla decisiva da guerra de Corea.A fontes oficiais chinesas se refiren á batalla como campaña de segunda fase no sector oriental (第二次战役东线). Pouco despois de que a República Popular da China entrase no conflito, o Noveno Exército Popular de Voluntarios (EPV) chineses penetrou no nordés de Corea do Norte e sorprendeu ao corpo X de marines dos Estados Unidos de América. na área do encoro de Chosin.Na nomenclatura militar chinesa, o termo "exército" (军) significa corpo, mentres que o termo "grupo de exército" (集团军) significa exército. Ao pouco librouse unha brutal batalla de 17 días con temperaturas baixo cero. No período comprendido entre o 27 de novembro e 13 de decembro de 1950, os 30 000 soldados das Nacións Unidas (EE. UU. e os seus aliados), baixo o mando do xeneral maior Edward Almond, foron rodeados por uns 67 000 soldados chineses ao mando de Song Shi-Lun. Aínda que as tropas chinesas eran superiores en número, as forzas da ONU conseguiron romper o cerco e retirarse, inflixindo grandes perdas no bando chinés. A evacuación das tropas estadounidenses polo porto de Hungnam supuxo a retirada total e definitiva das tropas da ONU de Corea do Norte.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Jesse L. Brown

Categoría:Guerra de Corea Categoría:Batallas do século XX