Curtas Festival do Imaxinario, tamén coñecido como Festival Internacional de Cine Fantástico de Galicia, é un festival cinematográfico especializado en cinema fantástico, fantasía, terror e ciencia ficción, que presta unha especial atención ao mundo do cómic e a ilustración. Celébrase anualmente na cidade de Vilagarcía de Arousa e é o certame decano de Galicia e un dos dez máis antigos de España, superando o medio século de existencia desde a súa fundación en 1973. Baixo a dirección de Luis M. Rosales, o festival evolucionou de ser unha mostra de cine afeccionado a converterse nun referente multidisciplinar do xénero fantástico a nivel europeo.

O festival combina as proxeccións de longametraxes e curtametraxes cunha importante vertente dedicada á cultura visual, incluíndo o "Artist Alley", exposicións de arte, charlas con autores de renome internacional e presentacións literarias.

Traxectoria Fundado en 1973 como Festival de Cine Aficionado de Vilagarcía, o festival naceu co obxectivo de fomentar a creación audiovisual en Galiza. Co paso das décadas, cambiou o nome a Curtas Film Fest,. Tras a súa especialización no xénero fantástico en 2020 adoptou o nome de Curtas Festival do Imaxinario, experimentando un crecemento exponencial, e atraendo a figuras de primeiro nivel do cine e da banda deseñada.

Ao longo da súa historia, o festival contou coa presenza de convidados ilustres como Mick Garris, Joe Dante, Catriona MacCall, Richard Stanley, ou destacados artistas do cómic e a ilustración como Dave McKean, David Lloyd e John Howe. O evento é coñecido pola súa atmosfera próxima e o seu compromiso coa difusión da cultura fantástica, integrando a toda a cidade de Vilagarcía na súa celebración.

Galicia Imaxinaria Un dos piares do festival é a proposta Galicia Imaxinaria, unha iniciativa que busca fomentar a colaboración e o intercambio cultural entre festivais de cine nacionais e internacionais . Este programa permite a programación recíproca de curtametraxes galegas no estranxeiro e a acollida de mostras internacionais en Vilagarcía, facilitando que o talento galego viaxe a outros certames fóra das datas oficiais do festival.

Festivais participantes:

Aeterna Madrid (Madrid, España) Bakunawa Fest (Varias cidades de Filipinas) Bogotá Horror Film Festival (Bogotá, Colombia) Buenos Aires Rojo Sangre (Buenos Aires, Arxentina) Cinefantasy (São Paulo, Brasil) Fantasporto - Festival Internacional de Cinema de Porto (Porto, Portugal) Lusca Fantastic Film Fest (Puerto Rico) Macabro - Festival de Cinema de Horror da Cidade de México (México) Santiago Horror - Festival Internacional de Cine Fantástico (Santiago de Chile, Chile)

Recoñecementos O Curtas Festival do Imaxinario forma parte dunha rede de colaboracións estratéxicas con diversas institucións nacionais e internacionais para fortalecer a posición do cinema fantástico galego na industria global. Ademais a súa traxectoria está avalada por varios recoñecementos internacionais.

O festival forma parte da Federación Internacional de Festivais de Cine Fantástico (MIFF), o que lle permite participar na rede de promoción de xénero máis importante de Europa e colaborar no sistema de nomeamentos dos prestixiosos Premios Méliès . Tamén é Festival amigo dos Premios Fugáz, os galardóns de curtametraxes de España , e Festival Adherido de Terror Arreu de Catalunya (TAC), a federación de festivais de cine de terror e fantástico de Cataluña fundada en 2010 En 2013 o festival recibiu a medalla Lumière, outorgada pola fundación do mesmo nome, "como recoñecemento á promoción e divulgación da cultura audiovisual" tras máis de catro décadas de dedicación ininterrompida á cultura cinematográfica. En 2025 foi seleccionado como un dos mellores festivais de xénero do mundo pola revista Dread Central que o destacou como "unha xoia agochada para os amantes do cine de culto e fantasía". e tamén recibiu a EFFE Label (Europe for Festivals, Festivals for Europe), o selo de calidade Outorgado pola European Festivals Association e apoiado pola Comisión Europea, que distingue a aqueles festivais que demostran un compromiso firme coas artes, a participación comunitaria e a apertura internacional. En 2026 recibiu o premio especial do Fantasporto.

Sección Oficial

Premios Longametraxes

Mellor Longametraxe Fantástica Mellor Longametraxe Latinoamericana Mellor Dirección Mellor Interpretación Premio Millicent Patrick aos mellores efectos especiais Mellor Longametraxe Alucine

Premios Curtametraxes

Mellor Curtametraxe Internacional Mellor Curtametraxe Nacional Mellor Curtametraxe de Animación Méliès d'Argent á Mellor Curtametraxe Europea Mellor Curtametraxe Feito en Galicia Premio 'Roberto Camba' ao Mellor Videoclip

Premios do Público

Mellor Longametraxe Mellor Curtametraxe

Premios Honoríficos

Mestre/a do Fantástico Icona do Fantástico Premio Curtas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web Curtas Festival do Imaxinario en IMDb Perfil en Facebook Perfil en X Perfil en Instagram Páxina de YouTube

Categoría:Audiovisual galego Categoría:Festivais de cinema de Galicia Curtas Festival do Imaxinario Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes Categoría:Vilagarcía de Arousa Categoría:Vilagarcía de Arousa sen imaxes Categoría:Festivais de Cinema Fantástico __INDEXAR__ Categoría:Festivais de cinema Categoría:Festivais de cinema de España