Carrero Bianco é unha banda galega de electropop fundada no ano 2009 en Ferrol. Ata a data leva publicados tres álbums e un EP.
Historia A banda nace no ano 2009 en Ferrol formada por Rocío Bianco, Blas Bianco (membro de Triángulo de Amor Bizarro nos seus prmeiros tempos), Joaquín Bianco e Agostinho Bianco. O seu primeiro concerto foi no mes de setembro na Festa das Meninas de Canido. En menos dun ano Carrero Bianco chegaría a tocar no Festival do Norte e no Vigo Transforma.
O 10 de outubro de 2010 Carrero Bianco autoedita o seu álbum de estrea, Oferta de Lanzamiento, formado por oito temas e dúas remesturas, unha delas realizada por Projecto Mourente.
En 2011 a batería Rocío Bianco e o baixista Blas Bianco deixan a banda e son substituídos por Tony (bases e sintetizadores) e Carlota Barro (batería electrónica). Coa nova formación en xaneiro de 2012 publicaron o EP de seis temas Blister.
No ano 2012 a banda colabora co tema "Horse Cum" no recompilatorio Galician Bizarre II. O día 10 de setembro de 2013 Carrero Bianco autoedita o seu segundo álbum, Horror! Horror!, gravado en La Casa Bianco (Canido, Ferrol).
En 2016 o grupo publicou a través do selo ferrolán Ferror Records o seu terceiro álbum, Ejército Celeste. No ano 2017 o selo reedita Horror! Horror! nunha edición limitada en CD.
Discografía ÁlbumAnoSeloOferta de Lanzamiento2010autoeditadoBlister2012autoeditadoHorror! Horror!2013autoeditadoEjército Celeste2016Ferror Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Bandcamp do grupo
Categoría:Grupos musicais de Ferrol Categoría:Grupos musicais de electropop Categoría:Grupos musicais formados en 2009