Neila García Salgado, nada en Ourense en outubro de 1991, é unha tradutora galega. Traxectoria Estudante no colexio dos Salesianos da cidade ourensá, obtivo no seu ano a mellor nota de selectividade en Galicia. Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Salamanca, realizou estadías erasmus nas universidades de Göteborg e Heildelberg, onde perfeccionou o seu coñecemento da lingua sueca.
Desde 2014 traballa como tradutora para as Nacións Unidas en Viena.
Obras traducidas Ao galego Sobre a vida e a morte, de Iona Heath (Kalandraka, 2020)<ref>Novembro, entre doses de intriga e voces femininas, Nós Diario.</ref> E un voou sobre o niño do cuco, de Ken Kesey (Kalandraka, 2020)Ficha na web da editorial.
Ao castelán Encontraste un alma, de Edith Södergran (2017) La juventud de Martin Birck, de Hjalmar Söderberg (2014) Imágenes de Suecia, de Lars Gustafsson e Agneta Blomqvist (2014)
Galardóns Premio Nacional de Tradución de España, pola súa versión da poesía completa (Encontraste un alma'') de Edith Södergran.
Notas
Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores do sueco Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores ao galego