Đuro Smičiklas,Tamén Giorgio Smiciklas, Juraj Smičiklas, Smiciklas György, George Smiciklas, Djordje Smičiklas. nado o 14 de decembro de 1815 e finado o 20 de abril de 1881, foi un eclesiástico greco-católico, bispo de Križevci dende 1857 até o seu pasamento, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro. Traxectoria Naceu en Reštovo, preto de Sošice (entón no Imperio Austríaco, hoxe en Croacia) o 14 de decembro de 1815. Cursou os estudos básicos na súa vila natal, e posteriormente os secundarios no ximnasio de Vinkovci. Posteriormente entrou no seminario de Križevci, e finalmente estudou Filosofía e Teoloxía en Zagreb.

O 11 de abril de 1841 foi ordenado sacerdote da eparquía de Križevci polo seu tío, o bispo Gabrijel Smičiklas. O seu primeiro encargo foi atender tres parroquias de serbios que pasaran ao catolicismo na rexión de Dalmacia, da que foi nomeado vigairo episcopal. Coa revolución de 1848-1849 foi trasladado como párroco a Novi Sad entre 1849 e 1852, e posteriormente nomeado coéngo da catedral de Križevci dende 1852 até 1857.

O emperador Francisco Xosé I designouno bispo de Križevci o 4 de xuño de 1857, e o 21 de decembro de 1857 foi preconizado bispo pola Santa Sé. Recibiu a consagración episcopal o 21/22 de marzo de 1858 de mans de Alexandru Sterca-Șuluțiu.

Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Finou en Križevci o 20 de abril de 1881.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1815 Categoría:Nados no condado de Karlovac Categoría:Finados en 1881 Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina en Croacia, Serbia e Montenegro Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro