Un replicón é unha molécula ou rexión de ácido nucleico (ADN ou ARN) que se replica a partir dunha soa orixe de replicación.

Procariotas Na maioría dos cromosomas procariotas, o replicón é o cromosoma enteiro. Unha notable excepción encóntrase nas arqueas, nas que dúas especies de Sulfolobus conteñen tres replicóns. Tamén hai exemplos de especies bacterianas que teñen múltiples replicóns, como: Rhodobacter sphaeroides, Vibrio cholerae, e Burkholderia multivorans. Estes cromosomas "secundarios" (ou terciarios) son a miúdo descritos como unha molécula que é unha mestura entre un verdadeiro cromosoma e un plásmido e son ás veces denominados "crómidos". Varias especies de Azospirillum posúen 7 replicóns, Azospirillum lipoferum, por exemplo, ten 1 cromosoma bacteriano, 5 crómidos, e 1 plásmido. Os plásmidos e os bacteriófagos replícanse xeralmente como un só replicón, pero os plásmidos grandes de bacterias gramnegativas posúen varios replicóns.

Eucariotas Nos cromosomas eucariotas hai múltiples replicóns por cromosoma. No caso do ADN mitocondrial a definición de replicón é algo confusa, xa que nelas se realiza unha replicación unidireccional con dúas orixes separadas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Orixe de replicación

Categoría:Replicación do ADN