Sandalio Alonso de la Riva, nado en Boñar (provincia de León) o 8 de maio de 1904 e finado en Vilagarcía de Arousa o 19 de xullo de 1988,La Voz de Galicia, 20-7-1988, p. 28. foi un político español.

Traxectoria Militou nas Juventudes Socialistas e afiliouse ao PSOE en 1926. Na Segunda República foi alcalde de Boñar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias. En Asturias ocupou postos de mando no exército republicano. Ao remate da guerra marchou a Francia polos Pireneos. En Bordeos coñeceu a Rosina Villaverde, filla de Elpidio Villaverde. En 1939 exiliouse en Chile onde estivo algún tempo, para trasladarse a Arxentina en 1942, onde casou con Rosina. En Buenos Aires pertenceu á Agrupación Socialista Pablo Iglesias, na que ocupou diversos cargos directivos. En 1979 regresou coa súa muller a Vilagarcía, e foi secretario da agrupación socialista local ata a súa morte."Todos recuerdan a Sandalio", La Voz de Galicia, 19-7-1994, Arousa 46.

Recoñecementos O 8 de decembro de 1986 foi homenaxeado en Vilagarcía polos seus 60 anos de exemplar militancia socialista.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

A primera vista y eterno

Categoría:Políticos de Galicia do PSOE Categoría:Alcaldes de Castela e León Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Nados en Boñar Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1988