Kiro Stojanov (en ), nado en Radovo (R.S. de Macedonia) o 9 de abril de 1959, é un eclesiástico católico, bispo de Skopje dende 2005 e da Asunción da Virxe María en Strumica-Skopje dende 2018. Traxectoria Naceu en Radovo, entón na R.S. de Macedonia, parte da República Federal Socialista de Iugoslavia, o 9 de abril de 1959. O 6 de abril de 1986 foi ordenado sacerdote.

O 4 de xaneiro de 1999 foi nomeado bispo auxiliar de Skopje e bispo titular de Centuriones. Recibiu a consagración episcopal o 1 de maio de mans do arcebispo Miroslav Stefan Marusyn, secretario da Congregación para as Igrexas Orientais, e tivo como co-consagrantes ao arcebispo de Skopje-Prizren Joakim Herbut e ao bispo de Križevci Slavomir Miklovš.

O 20 de xullo de 2005 foi nomeado bispo de Skopje e exarca apostólico de Macedonia.

O 31 de maio de 2018 o exaercado apostólico foi elevado ao rango de eparquía, e Stojanov pasou a ser o seu primeiro bispo.

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Macedonia do Norte Categoría:Bispos católicos de Macedonia do Norte Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina macedonia Categoría:Bispos católicos do século XXI