La Tierra foi un periódico publicado en Madrid entre 1930 e 1935, dirixido por Salvador Cánovas Cervantes.
Historia e características Foi fundado polo historiador, político e xornalista Salvador Cánovas e o avogado José Gallo de Renovales. Subtitulouse Economía—Agricultura—Política debido a que nos seus inicios, segundo o historiador Enric Ucelay-Da Cal, pretendía ser voceiro da Confederación Nacional Católico-Agraria, coa que Gallo simpatizaba. Tras uns inicios ideoloxicamente indecisos, pasou a mostrarse abertamente antimonárquico e prorepublicano, ata o punto de ser considerado unha das cabeceiras que propiciaron a chegada da Segunda República Española, e acabou manifestando unha tendencia filoanarquista ao abandonar Gallo o proxecto.
Publicou o seu primeiro número o 16 de decembro de 1930 e o derradeiro o 8 de xuño de 1935.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornais de Madrid Categoría:Prensa anarquista de España