Luís Ardao López, nado na Capela (Oleiros) en 1907 e finado na Coruña o 7 de marzo de 1938, foi un labrego e soldado galego.

Traxectoria O 6 de decembro de 1934 foi autor dun atraco a man armada en Vilarrodís (Oseiro, Arteixo) con Recaredo Lois, resultando feridas Julia Vázquez Vázquez e a súa filla María Castro Vázquez, de doce anos, que morreron días despois. Detidos o 22 de decembro, Luís foi condenado en consello de guerra a 30 anos de reclusión maior,El Pueblo Gallego, 11-5-1935, p. 11. que cumpriu no penal de El Dueso.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi liberado. Combateu na fronte de Asturias co exército leal e foi proposto para tenente. O caer a fronte norte, pasou a Galicia, e estivo escapado polos montes. Foi detido nun Monte de Monfero. Xulgado na Coruña por rebelión militar en xaneiro de 1938,El Compostelano, 17-1-1938, p. 2. foi condenado á pena de morte. Foi executado na Coruña. Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos